mércores, 22 de abril de 2026

Obradoiro científico coas nosas familias en 2°B

En 2°B ultimamente estamos a aprender cousas novas sobre os traballos en Sociais e a materia en Naturais. Son temas moi abstractos así que, para facelo máis visual e comprensible, desenvolvemos un obradoiro científico coas nosas familias o pasado martes 21. 

Primeiro, comezamos falando dos sectores de producción e logo, coa axuda dos nosos familiares, falamos do que queremos ser de maiores e do traballo dun dos nosos familiares. Despois pasamos á parte de Natu con catro estacións de aprendizaxe: unha de flotabilidade, outra de describir materiais distintos, outra de experimentar cun clip acuático e unha última sobre pelotas saltarinas, intentando ver cal bota máis. Por último, e aínda que estabamos xa cansos e cansas, fixemos tres modelos de avións de papel intentando apreciar cal voa máis lonxe. 

As aprendizaxes que levamos da xornada non serían posibles sen a vosa participación, grazas por vir!

Alumnado de 2ºB 



Ningún comentario:

Publicar un comentario