Seguimos a coñecer mais lugares de Compostela, e desta vez, o alumnado de 5º e 6º visitou o Parlamento de Galicia.
Ademais de adentrarse no Salón dos reis ou na Sala das Letras Galegas, e ver diversas obras do arte nos corredores ou nos teitos, tamén tiveron a oportunidade de facer un pequeno debate na Biblioteca , onde entendimos como funcionaba o procedemento que levan os partidos políticos para propoñer novas leis ou cambios nas mesmas.
Para rematar a visita, tomamos asento na sala de Plenos e algunhas e algúns compañeiros, aínda se animaron a subir a seguir a dar un pequeno discurso.
A excursión foi moi chula, e no parlamento aprendimos moito.
ResponderEliminar