mércores, 12 de novembro de 2025

MAGOSTO EN 5º DE INFANTIL

 Esta semana o alumnado de 5⁰ EI estivo preparando con moita ilusión as súas cestiñas do Magosto. Con axuda das mestras Rocío, Lucía e Samanta participaron nun obradoiro no que tiveron que:
- Empapelar o bric con papel de xornal.
- Deseñar a castaña a partir das súas características físicas (nocións espaciais, formas).
- Picar.
- Compoñer un mosaico.
- Decorar libremente empregando rotuladores permanentes, plumas e follas de camelia.


Agradecer ás familias a súa colaboración.


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario