luns, 11 de abril de 2022

Pola Candeloria en 4º de infantil

 O alumnado de 4º de infantil, pola Candeloria  iniciou un traballo de coñecemento ee achegamento a distintas aves, segundo algunhas das súas características mais predominantes (peteiro, plumas e patas). 

Tamén traballaron con ovos, tanto no recuncho de Lóxica coma no de ciencia, comprobando a súa flotabilidade. Crearon unha pequena casiña de paxaros e fixeron distintos exemplares de aves, empregando a técnica da papiroflexia. Este último traballo, foi o que nos quixeron compartir, ao que puxeron por título: "Paxariños nas árbores, pousados sobre os niños"



Ningún comentario:

Publicar un comentario