mércores, 17 de xuño de 2026

Un paso máis no camiño. GRADUACIÓN DE 6º DE INFANTIL

 O alumnado de 6º de Infantil celebrou a súa graduación cunha festa moi especial. A xornada estivo chea de emocións, cunha divertida canción que interpretaron e bailaron, e cun vídeo que nos permitiu recordar moitos dos momentos compartidos durante esta etapa.

A súa titora entregoulles os diplomas de graduación e, para rematar, compartimos unha merenda para celebrar este importante paso.

Non é unha despedida, porque seguimos xuntos na escola... pero agora xa en Primaria!

Parabéns, graduados e graduadas!












 

 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario