martes, 16 de xuño de 2026

Un merecido agradecemento para o equipo de biblioaxudantes

Chegado o final do curso, quixemos agradecer ao noso equipo de biblioaxudantes o seu traballo, compromiso e colaboración ao longo de todo o ano. Grazas á súa axuda foi posible manter a biblioteca aberta durante todos os recreos, colaborar na elaboración da revista NASS, participar na creación dos vídeo-contos e contribuír ao bo funcionamento e mantemento deste espazo tan importante para a nosa escola.

Para celebrar e agradecer todo este esforzo, desfrutamos dunha xornada especial xuntas. Comezamos compartindo un almorzo e, a continuación, visitamos a libraría Couceiro, onde tivemos a oportunidade de participar nun interesante obradoiro de encadernación de libros. Ademais, aproveitamos a visita para mercar algúns materiais e recursos que nos pareceron interesantes para seguir enriquecendo a nosa biblioteca.

Como recordo deste día, cada integrante do equipo levou un pequeno agasallo relacionado coa escritura e a creación de historias. Agardamos que o garden con agarimo e que lles sirva para seguir lendo, escribindo e imaxinando novas aventuras.

Moitas grazas polo voso traballo e pola vosa dedicación. A biblioteca non sería a mesma sen vós! 

Almorzo

 

 
Agasalliño
 


 

Obradoiro de encadernado de libros
 


Escollendo libros e gozando da lectura
 
 
















Ningún comentario:

Publicar un comentario