Tendo en conta o proxecto deste curso "Somos barrio", en 4º de primaria preséntannos un traballiño que xurdiu a partir do adicado ás persoas que entrevistamos en Radio Vagalume: "Voces do barrio". Pero neste caso, as protagonistas non foron só as persoas, senón que elixiron outras voces que lles parecen tamén poderían ter un oco no proxecto. Que sons do barrio lles gustan? Cales lles gustaría seguir escoitando cando pasen cincuenta ou máis anos? E así empezaron a pensar no son do vento, da auga e, sobre todo, no fermoso canto de moitos dos paxaros que podemos atopar nos nosos parques, entre outros. A partir de aí, fixeron unha silueta que representara ese son e engadiron a súa onomatopea. Despois xuntárono todo para montar un libro que nos presentan no blog da biblio para que poidades velo. Titúlase "Outras voces do barrio" e pronto o atoparedes tamén na bilbioteca do cole.
Ningún comentario:
Publicar un comentario