O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria elaborou, nas aulas de Relixión, uns atractivos lapbooks sobre o Camiño de Santiago, un traballo que se enmarca dentro do noso proxecto de centro arredor dos barrios da Almáciga e de San Pedro.
A través desta proposta, as nenas e nenos investigaron e recompilaron información sobre os dous itinerarios xacobeos que teñen unha relación directa coa nosa contorna: o Camiño Francés, que atravesa o barrio de San Pedro, e o Camiño Inglés, que pasa polo barrio da Almáciga.
Os lapbooks permitíronlles organizar os seus descubrimentos dun xeito creativo e visual, incluíndo datos sobre a historia dos camiños, os seus percorridos, os principais lugares de interese e a importancia que teñen para a nosa cidade e para as persoas peregrinas que os percorren cada ano.
Parabéns ao alumnado polo seu traballo e pola súa implicación nun proxecto que nos axuda a coñecer e valorar mellor o patrimonio histórico, cultural e social que temos tan preto de nós. 👏🥾🌟📖









Ningún comentario:
Publicar un comentario