mércores, 10 de xuño de 2026

Coñece ao meu club: o baloncesto visita a nosa escola

 O alumnado de 1º a 5º de Educación Primaria participou esta semana nunha nova xornada de "Coñece ao meu club", unha das actividades incluídas dentro do noso Plan de Vida Activa e Deportiva (PVAD).

Nesta ocasión contamos coa visita dos adestradores da ADB Fontiñas, que se achegaron á escola para desenvolver diferentes xogos e actividades de iniciación ao baloncesto. A través de propostas lúdicas e dinámicas, o alumnado puido coñecer mellor este deporte e gozar dunha xornada chea de movemento, diversión e aprendizaxe.

Ademais, os adestradores aproveitaron a visita para convidar ás nenas e nenos a participar nas próximas xornadas de portas abertas do club e informar sobre a posibilidade de inscribirse nas actividades extraescolares de baloncesto que se desenvolven no centro.

Agradecemos á ADB Fontiñas a súa colaboración e a súa implicación na promoción dos hábitos de vida activa e saudable entre o noso alumnado. 🏀⛹️‍♀️⛹️‍♂️









 

Ningún comentario:

Publicar un comentario