Chegou o momento de despedir o curso e celebrámolo cunha fantástica Festa de Fin de Curso. Foi unha xornada chea de diversión, na que o alumnado puido gozar de xogos, actividades, música e moitos momentos compartidos cos seus compañeiros e compañeiras.
Como toda boa festa, non faltou a paparota nalgunhas aulas, que nos permitiu repoñer forzas e seguir desfrutando dun día moi especial antes de dicir adeus ás aulas ata setembro.
Con esta celebración pechamos un curso cheo de aprendizaxes, experiencias e bos momentos. Agora toca descansar, xogar, vivir novas aventuras e aproveitar ao máximo as vacacións.
🌞📚 Feliz verán a toda a comunidade educativa! Vémonos á volta con enerxías renovadas. 🏖️🍉✨
























Ningún comentario:
Publicar un comentario