mércores, 3 de xuño de 2026

EXCURSIÓN A MUROS. 1º E 2º DE PRIMARIA

 O pasado 2 de xuño o alumnado de 1° e 2° fumos, como os nosos compañeiros e compañeiras máis maiores, á vila de Muros

Nada máis chegar recibíronos as mariscadoras da vila da asociación Pedra Salgada, coas que fumos facendo distintas paradas. Primeiro, fumos camiñando ata o muíño de mareas do Pozo do Cachón, un dos mellores conservados do noso país. Aquí ensináronos como funcionan e o innovador do invento na súa época, resaltando como quedaron relegados a un segundo plano unha vez chegou a electricidade.

 


Despois paramos preto das embarcacións, onde nos explicaron para que serven os números e as letras que teñen ao ladiño. Todos os que vimos tiñan CO escrito porque pertencen á provincia da Coruña. Tamén nos ensinaron como se lle chama a cada parte dun barco.  

 


Logo de facer outras paradas de camiño á praia, chegamos e ensináronos as especies que recollen as mariscadoras e que teñen que ter unha talla determinada. Tras unha mostra de como se fai o traballo, todos e todas recibimos o noso rastro e caldeiro e puxémonos a traballar! Houbo quen aparte de berberechos e ameixas adicouse tamén aos cangrexos, pero despois devolvimos todo ao mar! Sempre pasando antes polo punto de control no que clasificamos as especies recollidas. 

 

 
Despois desta xornada de traballo decidimos merendar para repoñer forzas e, en canto acabamos, collimos rumbo á praia de San Francisco, en Louro, onde chegamos e, como xa tiñamos fame, puxémonos a comer. A continuación pasamos unhas horas de xogo no parque e na area, como desfrutamos!
 


Por último collimos de novo o noso bus e fumos á fervenza do Ézaro. Admiramos a fervenza e a súa marabillosa contorna, e logo fumos de novo a tomar unha pequena merenda e xogar nese parque tan guai. Acabamos moi cansos e cansas como podedes ver, e moitos/as aproveitamos para durmir na viaxe de volta, pero quedamos moi satisfeitos/as coa nosa excursión!





 

Ningún comentario:

Publicar un comentario