luns, 22 de xuño de 2026

CLUB DE LECTURA: KIBUKO

Este curso puxemos en marcha un Club de Lectura con 5º e 6º de Educación Primaria con moitísimas ganas de compartir lecturas, debates, risas e moita creatividade! Eliximos unha obra moi especial: Kibuco, do recoñecido autor Xavier Estevez.

Durante as nosas sesións de reunión na biblioteca, analizamos a fondo a lectura. Non nos limitamos só a ler, e debatimos sobre:

* Os valores que transmite a historia.
* Como se sentían os personaxes en cada momento da trama.
* A importancia de coidar de nós e o noso contorno.

Foi marabilloso ver como os rapaces e rapazas de 5º e 6º expresaban as súas opinións, enriquecendo un debate que nos fixo medrar a todos e todas como lectores.

Despois de analizar e debuxar a historia de Kibuco, decidimos plasmar todo o aprendido de forma moi visual e divertida. E que mellor maneira de facelo que cun Lapbook.

O mellor de todo este proceso non foi só o fermoso lapbook que conseguimos crear (que por certo, está exposto na biblioteca para que todo o colexio poida pasar a velo!), senón a marabillosa experiencia de traballar en equipo.

Queremos darlles un enorme parabén a todos os voluntarios e voluntarias polo seu compromiso, o seu entusiasmo e o seu gran traballo neste trimestre. Sodes uns lectores de categoría!

 
  
 




Ningún comentario:

Publicar un comentario