xoves, 14 de maio de 2026

Día do Burro en 2°B


O pasado 8 de maio foi o Día do Burro e, como en anos previos, en 2°B homenaxeámolo. Así pois, coa axuda de Miguel e Yeya, familia de Sira e Federico, estivemos a ver especies en perigo de extinción e decálogos de boas prácticas cando esteamos con esta especie, apreciando datos curiosos como a súa gran capacidade de olfacto! Informáronos tamén dunha festa galega realizada en compañía destes animais e ensináronos fotos dos nosos compis con eles. 

Posteriormente, pasamos á acción e fixemos unhas ferraduras personalizadas (sempre tendo en conta como teñen que estar para darnos boa sorte). Logo, fixemos dous grupos e xogamos ao tiro da ferradura nun xogo con puntos, e a un xogo de mesa deseñado con moito agarimo sobre datos e curiosidades de burros. Tamén tiña retos, e estivemos a andar pola aula como eles! Pasámolo moi ben, grazas pola vosa axuda!







 

Ningún comentario:

Publicar un comentario