xoves, 14 de maio de 2026

AS PLANTIÑAS DO COLE

A nosa conserxe Sandra e a nosa mestra Lucía estiveron arranxando as macetiñas da entrada de infantil para crear un espazo máis agradable na escola.


Identificamos as flores (azalea, hortensia, aloe vera, caléndula e diosma), falamos das súas características (follas, flores, cores), dos seus usos (cosmética, curativa), dos seus coidados (observámolas co sentido da vista e olfato, regámolas, quitámoslle as malas herbas) e do que nos gusta telas no noso cole.
Grazas Sandra e Lucía pola vosa axuda!



Ningún comentario:

Publicar un comentario