Pois xa temos finalistas e gañador no torneo de xadrez dos maiores... Parabens Icía e Roque por chegar ata a final!
Dende a biblioteca queremos dar unha agarimosa noraboa aos dous finalistas do torneo de xadrez polo seu excelente desempeño ao longo da competición.
Máis alá do resultado, queremos destacar o seu saber estar, a súa actitude exemplar e o respecto co que afrontaron cada partida. Foron un magnífico exemplo de como saber gañar e perder, sempre con deportividade e compañeirismo.
Grazas por amosar que o xadrez non só é un xogo de estratexia, senón tamén unha escola de valores.

Ningún comentario:
Publicar un comentario