mércores, 11 de marzo de 2026

TEATRO MUSICAL NO AUDITORIO

 No primeiro ciclo do cole este martes tivemos unha saída moi especial sobre unha personaxe coa que estamos moi familiarizados/as: unha obra de teatro sobre o Rato Pérez. Así pois, fomos ata o Auditorio de Galicia nunha andaina que realizamos observando plantas, paxaros e o río que tiñamos á nosa beira.

A historia contaba que o Rato tiña un problema moi grande: quedara sen espazo para gardar todos os dentes que recolle cada noite! Para intentar solucionalo, pediu axuda a outros ratos amigos de Londres e Italia, pero as súas ideas non funcionaban. 

Cando parecía que non había solución e no medio de conflictos cun gato que quería paparnos, chegou unha proposta inesperada dun rato americano: o Rato Mickey! 

A obra foi todo un éxito. Pasámolo moi ben cantando, bailando e advertindo ao noso amigo do gato. 

Ata a próxima!

Alumnado de 2ºB 






 

Ningún comentario:

Publicar un comentario