O mércores fomos ao CIPX de Belvís de novo, pero esta vez non fomos experimentar con fungos senón con plantas! Había un montón de plantas distintas e cada un de nós escolleu unha e, coa axuda dunha guía, explicámoslle aos nosos compañeiros e compañeiras as características dela. Aprendimos un montón!
Vimos plantas chamativas á vista, plantas ligadas ao tacto como as carnívoras, o cactus ou o Aloe Vera coas súas propiedades, e plantas relacionadas coa escoita polo ruido que fan como o bambú.
Despois, entre todos/as, eliximos catro plantas para traer á clase: unha carnívora, unha margarida do cabo, bambú e unha violeta dos Alpes. Agora estamos a investigar sobre o que necesitan para coidalas adecuadamente. De aquí nun mes, informaremos de como van!
Alumnado de 2ºB












Ningún comentario:
Publicar un comentario