📰✏️📚Con motivo da Semana da Prensa, o alumnado do centro converteuse en auténtico equipo xornalístico para investigar, escribir e comunicar novas (ou vellas) relacionadas coa súa contorna máis próxima.
Partindo do proxecto de centro deste curso, as nenas e nenos elaboraron diferentes noticias sobre os barrios da Almáciga e de San Pedro, achegándose á realidade que os rodea e aprendendo a observar o seu entorno con ollos críticos e curiosos. Durante estes días traballaron como verdadeiros xornalistas: buscaron información, organizaron as ideas, redactaron titulares, escribiron as novas e compartiron as súas creacións.
Esta actividade permitiu desenvolver a competencia comunicativa, fomentar o espírito crítico e comprender a importancia dos medios de comunicación, ao tempo que se reforzaba o coñecemento do barrio e da súa historia, vida social e cultural.
A Semana da Prensa converteuse así nunha oportunidade para aprender facendo, conectar o traballo de aula co proxecto de centro e dar voz ao alumnado para contar o que sucede no seu propio entorno.
Unha experiencia moi enriquecedora que nos axuda a formar lectores e lectoras críticas… e tamén pequenas xornalistas!
















Ningún comentario:
Publicar un comentario