martes, 24 de marzo de 2026

Emocións na nosa contorna

Durante as últimas semanas en 2°B estivemos a traballar con distintos elementos do barrio e as emocións que xeran en nós eses lugares por unha iniciativa que puxo en marcha a nosa profe de prácticas Lucía. 

Primeiro consultou que sitios nos gustan da nosa contorna e logo, outro día, fíxonos unhas fichas nas que tiñamos en pequenos grupos que pintar ese lugar coa emoción que nos inspira e poñer ao carón que facemos nese lugar. Axudámonos do noso póster de emocións da aula e quedamos sorprendidos/as de como un mesmo espazo pode xerar tantas emocións distintas.

 





Ningún comentario:

Publicar un comentario