xoves, 19 de marzo de 2026

Obra musical e natureza no primeiro ciclo

Boas! Este martes no primeiro ciclo fomos de novo de excursión, esta vez á Escola Municipal de Música a ver unha obra sobre Lurra, unha rapaza á que non se lle daban ben as adiviñas pero si as piruetas, que andaba polo deserto e polo bosque atopando distintos animais. Esta historia estivo acompañada en todo momento de distintas melodías e sons de distintos instrumentos musicais, ata escoitamos un elefante e unha vaca! Foi moi interesante e axudámola na súa aventura cantando e facendo movementos coas mans como podedes ver nas fotos. 

Despois estivemos merendando no céspede e fomos ver os patos e ocas do auditorio, para xogar logo un ratiño no parque antes de voltar ao cole. Aproveitamos un montón a mañá e pasámolo super ben. Ata a próxima!

Noticia redactada polo alumnado de 2ºB

 




Ningún comentario:

Publicar un comentario