mércores, 18 de marzo de 2026

CONCERTO DIDÁCTICO NO AUDITORIO

 O pasado xoves, 12 de marzo, os cursos de 3º (A e B) e 4º, fomos ao Auditorio de Galicia, onde vimos o espectáculo “Son Salvaxe”. A compañía de teatro “La maquiné”, coa música da Real Filharmonía de Galicia, presentáronnos a Mona e Koko. Mona é unha nena que foi criada na selva por Koko, un gorila. Mona e Koko pasan moito tempo xuntos, ata que un día os humanos ocupan o seu fogar. A Koko lévano a un zoolóxico, e a Mona intentan educala como a un ser humano. Pero o seu cariño hacia Koko fai que Mona tome decisións moi valentes. Gustounos moito esta historia, e todo o público acabou berrando: “Son Salvaxe!!!” na defensa de Koko. Ao rematar, merendamos no Parque da Música e regresamos ao cole.

Noticia redactada polo alumnado de 4º de primaria

 







Ningún comentario:

Publicar un comentario