Dentro do noso proxecto de centro “Somos barrio”, co que queremos coñecer mellor os barrios, as rúas e os edificios que forman parte da nosa vida cotiá, celebramos o Día de Rosalía de Castro cunha actividade moi especial: “Arquitecturas poéticas”.
Partindo da idea de observar o noso contorno con ollos curiosos, escollemos diferentes edificios recoñecibles dos barrios da Almáciga e de San Pedro. Mirámolos con atención, falamos sobre eles, e despois transformámolos en arte.
A proposta consistiu en crear caligramas, é dicir, poemas ou textos que adoptan a forma dun debuxo. Neste caso, a través dos versos de Rosalía de Castro, as palabras foron dando forma á arquitectura dos edificios escollidos, mesturando poesía e barrio nun mesmo traballo. Así, as fachadas enchéronse de versos e as siluetas convertéronse en composicións cheas de significado.
Con esta actividade quixemos unir literatura, creatividade e identidade, demostrando que a poesía tamén pode habitar nas nosas rúas e que cada recuncho do barrio pode inspirar palabras fermosas.












Ningún comentario:
Publicar un comentario