O luns foi un día moi especial na nosa escola. Estivo con nós Sandra Garrido Fernández, veciña do barrio e participante na Global Sumud Flotilla a Gaza.
Tivemos unha xuntanza moi interesante onde nos explicou por que decidiu viaxar no Sirius e como viviu ela esta experiencia cuxo obxectivo era romper o bloqueio humanitario a Palestina. Tamén nos falou do que significa que un país cometa xenocido e de como a poboación civil pode ter iniciativa para loitar contra as inxustizas.
Esta é unha actividade recollida na PXA e que se enmarca dentro do Proxecto de centro Somos Barrio!
Como se recolle no D. 155/2022 do 15 de setembro os centros deben promover a aprendizaxe da prevención e resolución pacífica de conflictos en todos os ámbitos(...) así como dos valores que sustentan a liberdade, a xustiza, a igualdade, o pluralismo político, a paz, o respecto polos dereitos humanos(...)
![]() ![]() |
| Alumnado de 4º,5º e 6º nunha charla con Sandra Garrido |
Dende a radio escolar mantivemos unha xuntanza onde Sandra contestou a unha serie de preguntas relacionadas coa súa experiencia como activista. Foi estupendo inaugurar a nosa radio con esta entrevista!
![]() ![]() |
| Icía, Uxía, Nadia e Nicté encargadas de elaborar e entrevistar a Sandra. |




Ningún comentario:
Publicar un comentario