O pasado 10 de febreiro, o grupo de 4º de primaria foi convidado a asistir á exposición "Ler para crecer",
que forma parte das actividades de animación á lectura que promove o
Concello de Santiago. Na nosa visita tivemos a oportunidade de realizar
un obradoiro de ilustración impartido por Xosé Cobas.
Xosé explicounos a diferenza entre arte figurativa e arte abstracta, e
deunos algúns consellos para que puideramos realizar as nosas propias
obras de arte. Incluso puidemos amosalas ás autoridades, que se
achegaron á Sede Afundación (onde tivo lugar a actividade) para
inaugurar esta interesante exposición. Nela pódense ver as ilustracións
dos "Premios Compostela", álbumes ilustrados que tamén atoparás na nosa
biblioteca. A obra gañadora da última edición foi "Grande e pequena", e a
nós gustounos moito. Se queredes vela, podedes achegarvos ata a rúa do
Vilar ata o 12 de marzo.
Alumnado de 4º de primaria.


















Ningún comentario:
Publicar un comentario