venres, 24 de maio de 2024

XORNADA DE ATLETISMO EN 4º DE PRIMARIA!

 Aínda que esta actividade non ten que ver co traballo da biblioteca, si que vai sobre a vida no cole; e é que o alumnado de 4º de primariaa foi escollido e invitado a participar nun campionato escolar de atletismo en pista este venres, nas pistas de atletismo da universidade da coruña.

O tempo acompañounos e o alumnado puido participar nunha xornada na que fixeron deporte, conviviron e coñeceron a xente doutras escolas e descubriron un pouquiño mais a fondo un deporte ao que non todas/os tiveran a oportunidade de achegarse ata o momento.

- Salto de lonxitude




- Lanzamento de peso



- Lanzamento de vórtex





- 500 metros lisos





Traballamos coma un equipo, entrenamos xuntos, animámosnos e compartimos deporte!





E así rematamos a xornada!



Ningún comentario:

Publicar un comentario