OBRADOIRO FAMILIAS: A avoa Nana.
Festexamos o aniversario de Laura coa súa avoa Nana e o seu irmán Xoel, compartindo un momento de lectura en familia "O avó de Zulaimar". Elaboramos un marcapáxinas que as crianzas levaron para as súas casas para acompañar os seus contos.
Grazas aos tres polo tempo compartido e por agasallarnos con este fantástico conto!
"Zulaimar non tiña avó. Pero todas as amigas tiñan un. O de María era alto coma unha palmeira. O de Lucía redondo coma unha "O". O de Susana, cos ollos escuros como o café..." OQO
Ningún comentario:
Publicar un comentario