xoves, 30 de maio de 2024

OBRADOIRO DE HORTA

Esta semana tivo lugar o segundo obradoiro de horta. 

Nas aulas, estiveron diseñando e comentando as súas propostas para o diseño dos bancais da horta que se lles encargou, tendo en conta os diferentes elementos posibles: charca, camiños, vexetais...

Despois os grupos foron saíndo con Julio ao exterior e localizando, dentro da gran folla, onde ía ter lugar cada bancal. Sachamos, desfixemos os terróns coas mans e cubrímolo cun "colchón" de follas. E xa empezaron as plantacións de leitugas, tomateiras, remolachas...











Ningún comentario:

Publicar un comentario