Como peche de etapa de infantil, a aula de 6⁰ EI despedirá o curso cunha representación teatral para todo o centro (compañeiros/as, mestres/as e familias) a partir dun texto creado por eles e elas mesmos/as.
A creación dun texto propio é un traballo complexo para as nosas crianzas e require dun proceso moi estruturado, no que se busca a reflexión sobre esta tipoloxía de texto e a participación de todo o alumnado, tomando decisións sobre os personaxes, contexto e diálogos.
Os pasos desenvolvidos foron:
TEXTO TEATRAL
- Presentación na pantalla interactiva dun anaco de escena do conto teatral adaptado "Indo para o Samaín".
- Análise do texto teatral por parte do alumnado: escenas, diálogos (non narran, conversan), nome de personaxes situados na esquerda do texto e en negrita (non se len, interprétanse), os personaxes con número (familias), aparición dos "parénteses" (indican algo que sucede, non se lé).
- Lectura en gran grupo de dúas das escenas da obra "Indo para o Samaín", coa colaboración de dúas alumnas de 6⁰ EP.
PERSONAXES
- Elección dos nosos personaxes, atendendo á temática "animais".
- Escritura individual nun anaquiño de papel do noso personaxe.
- Lectura por parte dos encargados do personaxe escollido e escritura na pizarra.
- Exposición oral e recollida no encerado das características individuais de cada personaxe (rasgos físicos e psíquicos).
- Ilustración do personaxe atendendo ás características descritas.
Compartimos unha mostra do proceso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario