xoves, 16 de maio de 2024

Museo do pobo galego en 6º

 O alumnado de 6º de Primaria visitou o Museo do Pobo Galego, onde participou nunha

actividade moi interesante: “Recollendo datos”. Guiado por Chus, tivo que ir resolvendo

retos diferentes para o cal precisaban manexar un plano do museo e atopar as diferentes

pistas para buscar a súa resposta, ao tempo que ían descubrindo cada unha das salas nas

que se divide o museo: a sala do mar, a dos oficios, a dos costumes tradicionais galegos,

etc. Pero foi sen dúbida a escaleira triple helicoidal a que máis sorprendeu á rapazada, e

descubriron subindo por ela o que a fai única no mundo: cada unha das súas tres ramplas

son independentes e levan a diferentes partes do edificio. A que seguramente non esquezan

é a que conduce ata o balcón, xa que fixo que parte da rapazada chegara coa lingua fóra!!!

Foi esta unha maneira diferente de achegarse ao interior dun museo tan interesante coma

este, centrado nas diferentes manifestacións da cultura galega.







Ningún comentario:

Publicar un comentario