venres, 17 de maio de 2024

EXCURSIÓN INFANTIL. O enredo do abelleiro

  Este xoves, o alumnado de infantil viaxou ata Portodemouros a visitar o Enredo do Abelleiro.

Nel puidemos ver un museo vivente do mel, no que vimos abellas nos seus panais e nalgunhas flores, coñecimos as súas casas actuais mais como eran as antigas, vimos como se extraía o mel, tivemos un pequeno obradoiro con cera... 

Unha xornada na que a chuvia nos permitíu disfrutar dun entorno diferente, na que aprendimos, convivimos e levamos mel mais unhas candeas de cera feitas por nós para a casa.


🙋Chegamos e primeiro estivemos aprendendo un pouquiño sobre as abellas mentres falabamos e xogabamos.



🏃🐝Paseamos polo seu entorno e vimos ás protagonistas do museo.


  

 



👦👧 Obradoiro apicultor, coñecimos os traxes, vestimos a algún compañeiro e vimos en que consistía esta profesión e que instrumentos empregaba.



👐Descubrimos de onde sae a cera, e fixemos un obradoiro para crear as nosas propias candeas.


💁Tamén degustamos mel da casa e envasamos os nosos tarriños... pero desto non temos fotos porque estabamos moi ocupadas comendo...

🎊E por suposto, tamén tivemos tempo do que mais nos gusta, xogar nun entorno diferente coas nosas amigas e amigos!






Ningún comentario:

Publicar un comentario