venres, 17 de maio de 2024

Dia das letras galegas no Barrio

 Mil primaveras máis para o noso barrio na nosa lingua.

Este ano estamos moi contentas de traballar a Luísa Villalta e é por iso que quixemos compartir co Barrio o noso traballo.

Podedes atopar os traballos de sexto de primaria na Asociación veciñal A Xuntanza e os traballos das nenas e nenos de cuarto de primaria na panadaría Leis, na churraría de San Pedro e na cafetaría Eiquí.

 Moitas grazas a todos os locais por participar. Collede e desfrutade da nosa lingua e da poesía de Luísa Villalta.

*Cando teñamos todos os traballos listos, tamén os subiremos neste blogue.








Ningún comentario:

Publicar un comentario