xoves, 15 de xuño de 2023

Visita aos bombeiros

As alumnas e alumnos de 4º e 3º visitamos o parque de bombeiros de Santiago de Compostela. A quen se lle conte que os tíñamos tan preto e aínda non nos deixáramos caer por alí... co ben que o pasamos!

Cando chegamos, os bombeiros recibíronnos xa cuns regalos: uns chalecos e uns cascos que nos puidemos quedar.

Durante a visita fixemos un montón de cousas interesantes e divertidas; puxéronnos un vídeo do que aprendemos que facer en caso dun incendio na nosa casa, explicáronnos que hai que facer en determinadas situacións de emerxencias, tamén falamos do que hai que estudar para poder ser bombeiros e bombeiras de maiores, ensináronnos e deixáronnos probar as equipacións e traxes especiais...

 


...Usamos a mangueira, vimos os camións e tocamos a sereas, algún puidemos baixar pola barra, fixemos moitas preguntas...

A visita gustounos tanto e estivemos tan entretidas e entretidos alí, que ninguén de nós quería marchar de volta para o cole... Pero polo de agora é o que nos toca: estudar! E xa cando sexamos maiores veremos a que nos adicamos!

Iso si, estámoslle preparando aos bombeiros uns debuxos e mensaxes moi chulos para enviarlles ao seu buzón, porque foron moi bos connosco e porque fan unha labor moi importante para a nosa sociedade.

 

 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario