xoves, 15 de xuño de 2023

Proxecto Pío

Hai 21 días tivo comezo o "Proxecto Pío" no curso de 1° de Educación Primaria. Previamente á chegada dos ovos ao cole, o grupo aula tivo unha breve introducción ao que ía acontecer co novo integrante da aula: a incubadora. Explicóuselles que para a semana chegarían os ovos que iniciarían este pequeno gran proxecto. 


Un luns como outro calquera, chegaron os ovos e con eles, unha breve explicación diaria do que estaba a acontecer dentro da incubadora.
Tras moita expectación, mimo e  nerviosismo, chegaron por fin os resultados: hai poliños en 1°!


Dos 21 ovos incubados naceron, de momento, 13 e sumando.
En poucos días, os poliños chegarán ás que serán as súas novas casas de acollida.






Alumnado de 1º explicándolle a uns compis de infantil

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario