domingo, 27 de novembro de 2022

Comeza o rexistro e préstamo en infantil

 Esta semana o alumnado de infantil iniciou o rexistro de contos, converténdose na actividade estrela do día.  

Esta dinámica pon en marchahabilidades de pensamento relacionadas co ámbito da lectura e escritura que requiren un traballo individual con cada unha das crianzas. Agradecémosvos que lle deades o valor que ten ao visualizalo con elas/eles dende o fogar.

A secuencia de tarfeas a desenvolver foi:

1. Escoller conte os 25 seleccionados previamente polas mestras.

2. Rexistrar o conto empregando unha táboa de dobre entrada (nome do alumnado e imaxe do conto).

3. Marcar a data do día ao lado do conto escollido, empregando o fechador.

4. Escribir o titulo do conto, seguindo a estratexia segundo a etapa da escritura na que se atopan (pronuncia a mestra e escribe nunha folla aparte, pronuncia a mestra pero non escribe a grafía e pronuncia e escribe a nena/o pero sen modelo).

Desfrutade da lectura en familia!




 


Ningún comentario:

Publicar un comentario