Neste 25 de novembro a comunidade educativa e o alumnado do colexio quixo facer un pequeno acto para recordar a todas as vítimas desta lacra que nos afecta a tod@s.
Para iso, preparamos un muro no que fomos colgando diferentes mensaxes en varias linguas (que seguiremos ampliando ata encher).
Por outra banda, e coma todos os anos, o centro quixo sumarse ao acto de repulsa á violencia de xénero, incluído dentro do programa "Compostela en negro" promovido polo concello, polo que tod@s viñemos ao cole vestidos de escuro, xuntámonos para facer 1 minuto de silencio e sacamos as fotos da campaña:
O alumnado de 4º, ademais, quixo rematar a xornada de repulsa, entonando a canción de "La puerta violeta" de Rozalen.
Durante todo este mes de novembro, na sección de recomendacións mensuais, tedes varios libros relacionadas dalgunha maneira con esta temática en contra da violencia de xénero, para que non deixedes de traballar e concienciervos sobre este tema.
Ningún comentario:
Publicar un comentario