mércores, 17 de febreiro de 2021

CERTAME ARTÍSTICO-PLÁSTICO DO 8M

  


 

 Dende a Comisión de Xénero e Igualdade da ANPA queren convidar a todo o alumnado a participar do 8 Marzo, unha data sinalada na que celebramos, visibilizamos e reivindicamos os dereitos das nenas, mozas e mulleres e as loitas feministas.

 

Compartimos a continuación a súa proposta, que tamén podedes ver no seu blog.

 

Neste ano pandémico sabemos que a distancia física é necesaria para limitar a transmisión da Covid, e sabemos que as celebracións multitudinarias que sempre nos acompañan nesta data vanse ver modificadas, é posible que non podamos lucir as nosas mellores cores, sorrisos e afectos sóricos polas rúas.

Para non esquecer o espírito deste día queremos convidar a todo o alumnado a amosar o significado que este día ten para cada unha de nós. A través dun certame no que teñen cabida todas as manifestacións artísticas imaxinables: deseños, esculturas, cancións, poemas, vídeos....... Co obxectivo de crear un espazo reivindicativo no cole o día 8 de Marzo.

 **Importante: excluiranse do certame todas as obras con contido violento ou discriminación de calquera tipo.**


  • A composición pode ser individual, en parella, en grupo, ou de aula, ou en familia..... Iso si, non esquezades identificar o nome das persoas participantes e o(s) voso(x) curso(s)
  • No centro haberá unha caixa na que depositar as vosas creacións. No canto de ser audiovisual podedes facela chegar a través do correo anpa.apostolo@gmail.com
  • O tema: Que significa para ti o 8 de Marzo?
  • Para unha mellor inspiración convidamos a que busquedes información sobre o por que se celebra esta data? Dende cando? Como se ven celebrando? Que se reivindica? En definitiva que fagades un pouco de investigación histórica para saber mais.
  • O prazo de entrega finaliza o día 26 de Febreiro

As obras en papel estarán expostas no cole dende o día 1 ao día 9 de Marzo, e as audiovisuais no blogue da biblioteca.

 

 Agora so queda deixar voar a imaxinación e participar



Ningún comentario:

Publicar un comentario