E chegamos ao último día coñecendo o Entroido de Arcos (Mazaricos).
Tras semanas de fabricación, de coser, de tecer, de cortar, de pegar, de escribir, de cantar... chegou o momento de presentar os nosos traxes cun desfile e un pouco de festa xa que o tempo se puxo da nosa parte.
O Exército de panos, a Tropa dos vellos e das vellas e o Coro dos cegos e das cegas, mostraron as súas mellores galas!! Podes buscarte nas fotos desta semana.
Tamén podedes ver as súas actuacións feitas no salón de actos:
-VIII Mostra do Entroido 2021 - Arcos - Mazaricos-
Ningún comentario:
Publicar un comentario