mércores, 24 de febreiro de 2021

24F- DÍA DE ROSALÍA

Tal día coma hoxe, Rosalía de Castro cumple 184 anos, e neste centro sempre queremos festexar o seu aniversario lembrándonos dela!

Nas distintas aulas, se traballou con poemas da Escritora, creando xogos de xeroglíficos para descubrir o texto oculto. 

 

- Este é o reto que vos propón Educación infantil . Premendo aquí podedes descargar as coplas de Rosalía de Castro coas que traballaron, para intentar entender o código!





- A continuación tedes os traballos de Educación Primaria (podedes premer nas fotografía para velas mais grandes). Premendo aquí(1)  e aquí(2) podedes descargar as coplas de Rosalía de Castro coas que traballaron, e xogar a intentar relacionar os xerogíficos coas coplas. Moita sorte! Podedes escribir nos comentarios se conseguides descifrar algún! 
 








 

Por outra banda, as compañeiras que temos no cole facendo as prácticas do Grado de mestre de Educación Primaria, tamén quixeron participar directamente neste día, convidándonos a un espectáculo de teatro onde Rosalía nos visitou e nos acompañou por un roteiro no que visitamos lugares de Compostela que para ela foron importantes.

Despois de recibir a fantástica visita de Rosalía, en Educación Infantil quixeron facer un caligrama (poema visual) co poema que lles presentou "Adios ríos, adios fontes". Elixiron a palabra principal de cada estrofa (ollos, figueira, paxariños e igrexa) e despois colocaron os versos facendo o debuxo, quedando resultados así de vistosos:





A continuación compartimos o vídeo da obra "A viaxe de Rosalía" de Larraitz Urruzola producións artísticas.


  
 
 
Tamén queremos deixarvos uns pequenos xogos que fixeron compañeiras doutros centros, para que a coñezades un pouco mais ou comprobedes canto sabedes dela!  
 
 

 



Ningún comentario:

Publicar un comentario