luns, 26 de maio de 2025

Actividades co Centro de Información de Parques e Xardíns de Compostela

En 3º e 4º de primaria inscribímonos durante este curso nas actividades do Centro de Información de Parques e Xardíns de Compostela, o CIPX. 


A primeira delas tivo lugar no parque de Belvís e consistía en coñecer algunhas das aves que podemos observar en Compostela. Ademais de falar delas, tamén tivemos a oportunidade de deseñar un comedeiro para elas que colocamos nalgunhas das árbores do parque. Ao mesmo tempo, tamén tratamos de descubrir cales eran as aves que cantaban, sendo o paporroibo o que máis tempo nos adicou as súas melodías. Para rematar a actividade, no Centro agasalláronnos cunha caixa-niño, que colocaremos no cole o próximo outono.




A segunda actividade foi un roteiro á carón do río Sarela, onde descubrimos algunhas das pontes que o cruzan, así como as actividades que se realizaban antigamente grazas á auga: lavadoiros, muíños... E, ao mesmo tempo que iamos camiñando, falamos tamén de aves, peixes, plantas e árbores que fomos atopando polo camiño.

Gustáronnos moito estas actividades.

Noticia redactada polo alumnado de 3º de Primaria.




Ningún comentario:

Publicar un comentario