Vivencia en 4º de infantil.
Retomamos este segundo trimestre coa mochila viaxeira.
As crianzas "traspasan" os recursos dunha man á outra, recomentando lecturas (divertidas, interesantes...), mostrando creacións plásticas (representadas no caderno) e aconsellando aos compañeiros/as ("Arrolos mellor con música, porque miña nai non coñece o ritmo).
Pero o que máis lle gusta e ver fotiños delas no caderno, compartindo as lecturas en familia.
Grazas Lingoreta e familias pola participación!
Ola! Son Nuno, teño moitisimas ganas de que chegue a mochila viaxeira a miña casa para poder compartila ca miña familia. Apertas a toda a clase de 4º de EI.
ResponderEliminar