mércores, 14 de abril de 2021

Saída Museo de Historia Natural

 

Neste día os nosos meteorólogos non puideron elaborar a predición meteorolóxica porque hoxe especializámonos noutras temáticas. Visitamos o Museo de Historia Natural aproveitando que estamos dando a clasificación dos seres vivos en ciencias da natureza. 

 Despois de tanto tempo de corentenas e confinamento fíxonos especial ilusión poder realizar esta saída. 

Para respectar as normas Covid entramos no museo en dúas quendas. 

No museo puidemos ver moitos animais e minerais, investigamos sobre a súa clasificación e características. Nas nosas casas xa investigáramos sobre algúns animais e minerais e no museo actuamos como auténticos exploradores, ata un pase identificativo tiñamos. Animamos a todos a visitar o museo e poñemos un reto: buscade o chorlito e investigade sobre el. Veredes que cando vos digan iso de "tes cabeza de chorlito" será toda unha honra para vós. 

Mestras uns estaban no museo outros quedamos facendo uns xogos. Comezamos xogando ao "quen son?" con animais, segundo a clasificación que traballamos había que adiviñar que animal agochaba a nosa cabeza; ollo porque non é nada doado porque animais hai milleiros. Para rematar esta quenda de xogos afianzamos o traballo cooperativo, construímos pirámides con vasos pero sen tocar nin un só vaso. Parécevos maxia? Pois non, é traballo en equipo, xuntos podemos facer calquera cousa. 

Aquí vos deixamos unha pequena mostra de como foi o noso día.

 











Ningún comentario:

Publicar un comentario