Dende o curso 2019/2020 a nosa escola participa xunto con outros centros na Mostra do Entroido de Lamas de Abade. Cada ano está adicado a un entroido tradicional e en todos os centros participantes se traballa sobre o mesmo.
No curso 2024/2025 foinos concedido o premio Antonio Fraguas na súa XIII edición. Os aspectos que salientaron as persoas membras do xurado foron por unha banda o xeito no que os entroidos tradicionais son traídos até a actualidade e por outra banda a participación intercentros. Nesta mostra están implicados centros dende o 1° ciclo de Educación Infantil até o ensino secundario, bacharelato, ciclos formativos e pasando pola Educación Infantil de 2° ciclo, centros de educación especial e tamén a Educación Primaria.
Os centros participantes nestra Mostra somos o EEI Raiola, o CEIP Lamas de Abade, o CEIP Apóstolo Santiago, o CEIP Pérez Viondi, o IES Llamas de Abade o CEE ASPANAES e o CIFP Compostela.
Dende o día 14 de novembro e até o 13 de decembro podedes visitar no Museo do Pobo Galego a exposición "Viva o entroido vivo! Lingua ,festa e comunidade", na que se recolle unha pequena mostra do proxecto do que estamos a falar.
Aproveitade para visitar tamén a exposición do "Proceso de encascado de redes no concello de Burela". Proyecto elaborado polo IES Monte Castelo de Burela e ganadoras na categoría de ensino secundario.
⇓⇓PREME NA FOTO PARA VER UN VIDEO DA EXPOSICIÓN ⇓⇓

Ningún comentario:
Publicar un comentario