Hoxe no cole vivíuse con ganas o efecto do eclipse parcial de sol.
O grupo de 3º ciclo-A tiña moita curiosidade por poder velo, e a profe Lara axudoulles a fabricar un aparello fantástico para poder disfrutar da experiencia do eclipse solar sin dañar a nosa vista. Foron varios os grupos que se achegaron para poder observalo. Sobretodo, valeuno para vivir a experiencia e entender claramente en que consiste un eclipse parcial do sol.
Por outra banda, nalgunhas aulas, seguiron a emisión en directo dende o planetario de Madrid.
Ningún comentario:
Publicar un comentario