Un ano mais, chega o día de Rosalía de Castro, data que nunca queremos deixar pasar sen facer unha pequena parada nela.
Este ano, aproveitando o proxecto que estamos a levar a cabo, quixemos relacionala co día das Linguas Maternas tamén, traballando na tradución dalgúns versos dos seus poemas.
Tivemos a grandísima sorte de contar coa espectacular colaboración de Guadi Galego e Abe Rábade, que pasaron un ratiño da xornada do venres 28 con nós, musicalizando e cantando algunhas cancións do disco de Immersión de Guadi, o cal está cantando en diferentes linguas que temos presentes na nosa comunidade, así como aproveitaron a data para interpretar algúns versos de Rosalía, como é o caso do poema que xa tocaran xuntos anos atrás "Ladraban contra min, que camiñaba".
Como non podía ser doutro modo, tamén nos agasallaron cos interpretación do que xa é un himno para o noso centro, "Matriarcas".
Ter a sorte de contar con dous artistas do voso nivel no noso centro, é un grandísimo agasallo, moitísimas grazas por crear ese ambiente tan especial no salón de actos!
Nestas semanas, o alumnado do centro, foi decorando os corredores, con un monton de traballos de investigacion sobre estes dous artistas que nos acompañaron na conmemoración destas datas, así como exposicións de Rosalía de Castro de diferentes tipos.
O xoves, tivemos a visita de Rosalía Superheroína no recreo, que veu pasar un ratiño con nós.
Lingoreta coma sempre, nos fixo unha selección de libros relacionados, para que puideramos consultar e ter acceso a eles.
Ademáis de todos estes traballos, o alumando participou voluntariamente nun concurso de fotografía sobre versos de Rosalía de Castro, con verdadeiras marabillas como as que están expostas no hall. (noutra entrada do blog, podedes ver mellor estas fotografías).
Ningún comentario:
Publicar un comentario