mércores, 12 de febreiro de 2025

DIA DA MULLER NA CIENCIA

 O 11 de febreiro, conmemórase o día da muller e a nena na ciencia. Aínda a día de hoxe, é preciso seguir lembrando que a ciencia tamén é cousa de mulleres, polo que da man do CSIC, viñeron á escola María e Cristina a falarnos do seu traballo: nada máis e nada menos que, ARQUEÓLOGAS! 

Adicaron un ratiño a contarnos en que consistía o seu traballo, como funcionaban os campos de investigación e todos os pasos que tiñan que ir levando en cada proceso, resaltando sempre que este traballo non ten un nome propio, senon que é resultado dun traballo en equipo, imprescindible para chegar a decubrimentos arqueolóxicos.

Moitas grazas polo voso traballo e pola visita á nosa escola.


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario