Ao longo de todo o curso fomos descubrindo a historia dos barrios de San Pedro e da Almáciga a través das entrevistas, das charlas, dos paseos, das investigacións nas aulas e das diferentes actividades do proxecto.
Pouco a pouco fomos recompilando datas, acontecementos e curiosidades que nos permitiron construír a nosa propia liña do tempo. Cada novo descubrimento converteuse nunha peza máis deste gran crebacabezas que nos axuda a comprender como foron evolucionando os nosos barrios ao longo dos séculos.
A nosa liña do tempo foi medrando a medida que medraba tamén o noso proxecto. Nela quedaron recollidos feitos históricos, cambios urbanísticos, acontecementos culturais e outros momentos importantes que forman parte da memoria de San Pedro e da Almáciga.
Este é un traballo vivo, que continuará medrando con novas investigacións e novos descubrimentos, porque a historia do noso barrio segue escribíndose cada día.





















Ningún comentario:
Publicar un comentario