Dentro do PDI "Somos barrio", o alumnado de 2ºA elaborou un lapbook no que recolleu información sobre o comercio da nosa contorna. Investigaron como evolucionaron as tendas ao longo do tempo e analizaron cales son os establecementos máis habituais na actualidade.
Para completar o seu traballo, tamén crearon un divertido xogo de adiviñas sobre profesións, relacionado cos diferentes oficios presentes no barrio.
Unha actividade que lles permitiu coñecer mellor a realidade que os rodea e valorar a importancia do comercio e das persoas que forman parte da vida do barrio.










Ningún comentario:
Publicar un comentario