Nos últimos días, o noso alumnado volveu gozar dunha nova xornada de atletismo, na que participaron con moita ilusión en diferentes probas deportivas.
Ao longo da xornada, puxeron a proba as súas habilidades en disciplinas como a marcha, os 500 metros lisos e as sempre emocionantes remudas. Ademais, tamén participaron en probas de campo como o salto de altura, o salto de lonxitude e os lanzamentos de peso e pelota.
Máis alá dos resultados, esta experiencia foi unha gran oportunidade para traballar valores fundamentais como a paciencia e a xestión da frustración: saber esperar a súa quenda, aceptar que non sempre se gaña e aprender a seguir intentando con actitude positiva.
Foi unha mañá chea de esforzo, compañeirismo e superación, na que o alumnado deu o mellor de si en cada proba. Como recompensa, conseguimos dúas medallas que souberon a orgullo e satisfacción polo traballo realizado.
Aínda que a xornada comezou coa ameaza de choiva, finalmente tivemos a sorte de contar cunha temperatura fantástica que acompañou durante toda a actividade, facendo que a experiencia fose aínda máis agradable.
Sen dúbida, unha nova oportunidade para aprender, compartir e gozar do deporte en boa compañía.
PREME AQUI PARA VER TODAS AS FOTOS DA XORNADA
(Se alguén ten máis, agradezo que as comparta no email da biblio)



Ningún comentario:
Publicar un comentario