Na clase de 4º de primaria despedimos o mes de abril de excursión, visitando o Centro de Interpretación de Parques e Xardíns de Belvís. Neste edificio recibiunos Nuria, quen nos guiou nunha actividade moi interesante centrada nas plantas e nos nosos sentidos: "Xardín Sensorial". Ademais de ter a oportunidade de falar individualmente, expoñendo todas aquelas cousas que nos xurdían sobre tan sorprendentes seres a través dunha atenta observación, tamén reflexionamos sobre a súa importancia e presenza nas nosas vidas, e o moito que sobre elas aínda non sabemos. A actividade rematou cunha sorpresa a través do oído que non esperabamos, e co agasallo que nos fixo Nuria para a clase: catro plantiñas que trataremos de coidar con moito cariño (unha petunia, unha menta e unha begonia).
Alumnado de 4º de primaria










Ningún comentario:
Publicar un comentario