Despois de traballar o Día das Letras Galegas e Begoña Caamaño Rascado toca distribuir os folletos que fixemos polos locales comerciais do Barrio de San Pedro.
Hoxe 4º e 5º de E.I. levaron as súas caixiñas á florería Embora e á Churraría do Barrio.
As crianzas de primeiro foron até Oficina Rúa e alí deixaron a súa caixiña.
As nenas e nenos de 3º A achegáronse á Lila para deixar en boas mans a súa caixiña. De seguro que Begoña estaría feliz de saber que a libraria feminista acolle unha caixiña con información súa.


As crianzas de sexto deixaron a súa caixiña nunha perruquería. Observade esta fotografía a ver se sabedes cal de todas as do Barrio é. Contestación nos comentarios😜

.png)



Ningún comentario:
Publicar un comentario